LORES, PAIXÓN X PONTEVEDRA

Entendemos que os incendios non son só lumes. Son produto dunha suma de factores que xorden por anos de abandono do rural potenciado por un cultivo de especies foráneas en prexuízo das autóctonas. Puxemos en marcha os parques de A Tomba e A Fracha que poñen en valor usos do monte totalmente innovadores, facendo que a veciñanza goce do noso monte como zona de esparcemento e, dende agora, as liñas de traballo do goberno municipal para avanzar na calidade do monte van ser: .- Crear novas sendas forestais e fluviais e manter en bo uso as existentes, co obxectivo de recuperalas para o ocio e o deporte, creando así espazos de lecer tan demandados pola veciñanza, tanto da cidade como do rural. Deste xeito conseguimos espazos coidados que favorezan a loita contra os incendios. .- Traballar man a man coas comunidades de montes: os xestores do monte comunal galego teñen que ter un papel destacado na proposta, dirección e xestión de proxectos que melloren os usos do monte. .- Aumentar o ritmo de plantación de árbores autóctonas e cultivos produtivos que xeren riqueza e diversifiquen os usos do monte. 6.E. O SISTEMA RÍA / RÍOS A importancia e singularidade do sistema formado pola ría, os rios e as xunqueiras fai que sexa necesario o seu tratamento diferenciado. A ría de Pontevedra, xunto coa desembocadura dos rios Lérez, Alba, Gafos e as zonas húmidas (xunqueiras) conformaron, e aínda conforman, un sistema singular de inmenso valor practicamente único no mundo, que foi e debería seguir sendo unha fonte inesgotábel de riqueza económica, ecolóxica e de calidade de vida. Tanto é así, que a propia ubicación, existencia e nacemento da cidade de Pontevedra débese á súa situación á beira da ría e do seu sistema marítimo-fluvial. O crecemento da cidade foi sempre asociado a posta en valor deste sistema: cando estivo en pleno funcionamento, Pontevedra viviu os seus períodos de esplendor, mentres que a súa anulación e deterioro coinciden cos períodos recesivos. Dende os anos 50 do século pasado as agresións foron continuas e cada vez máis violentas:

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=