LORES, PAIXÓN X PONTEVEDRA

- A construción da autovía de Marín, a ubicación de ENCE-ELNOSA e TAFISA foron convertendo todo este sistema que lle deu esplendor a Pontevedra nunha cloaca, nun borrón, hoxe no norte da autoestrada. - A desecación das zonas húmidas das Xunqueiras, usadas posteriormente para equipamentos: Maxisterio, Estadio da Xuventude, Colexios da Xunqueira, Recinto Feiral, Pazo da Cultura, etc. - Recheos indiscriminados e masivos na ría e no resto do sistema. - Ocultamento e afogamento urbanístico do Gafos. - Autoestrada polo medio da ría, incumprindo de xeito rotundo a lexislación de Costas. Somos conscientes de que moitas das actuacións son de difícil reversibilidade e o que se desfixo en 50 anos non pode ser recuperado nun período curto de tempo. Sen embargo, o cambio de tendencia xa está feito e as actuacións dos últimos anos viron supor o camiño para a recuperación definitiva do sistema ría-ríos. Sen ánimo de exhaustividade e prescindindo da orde cronolóxica, pódense citar: - Saneamento completo e definitivo do sistema ría - ríos, tanto polo saneamento como a través da rede separativa que evita novas verteduras. - Desaparición de TAFISA coa grande contaminación que provocaba, recuperación de seus terreos e integración no espazo público. - Comezo da recuperación da gándara de Lérez coa saída do parque de maquinaria e da imprenta da Deputación. - Actuacións de recuperación do ecosistema do Gafos para o seu uso e desfrute pola veciñanza, que deben ter continuidade no futuro. - Recuperación ambiental do ecosistema do Lérez e integración na vida social cotiá da veciñanza de Pontevedra. O BNG ten claro que recuperar definitivamente a ría e os ríos, un obxectivo fundamental desde o punto de vista urbanístico, ambiental e económico, é unha contribución inexcusábel de Pontevedra na defensa da Terra. Despois do camiño xa percorrido, Pontevedra pode avanzar cara a excelencia. Sabemos que este vai ser un camiño difícil pola nula implicación, cando non, clara oposición de outras administracións e entidades. O goberno do BNG comprométese a avanzar nestas liñas e para iso: .- Demandará a Xunta de Galiza a dragaxe do Lérez.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=