LORES, PAIXÓN X PONTEVEDRA

7.C. MEMORIA HISTÓRICA Pontevedra converteuse no referente das políticas públicas da memoria histórica no ámbito municipal ao longo das dúas últimas décadas. Desenvolveuse un programa que tiña como obxectivo establecer a continuidade entre a Pontevedra republicana, laica e galeguista que foi aniquilada en 1936 e o novo tempo político iniciado en 1999, reconstruíndo referentes simbólicos da defensa dos valores democráticos, reforzando a identidade histórica galeguista, e promovendo a rehabilitación, a reparación e o coñecemento da historia silenciada. Este proceso desenvolveuse en diferentes fases: Nunha primeira establecéronse as bases do cambio de etapa coa rehabilitación da figura de Alexandre Bóveda e doutros pontevedreses asasinados e a eliminación de simboloxía e o cambio nos nomes franquistas das rúas. Unha segunda na que se estendeu a recuperación da memoria histórica a toda a sociedade pontevedresa perseguida polo franquismo tanto urbana como rural, e que deu como resultado unha novidosa visión da memoria con perspectiva de xénero, para o que se creou ao longo dos últimos anos o programa municipal A memoria das mulleres, cuxos logros se están amosando no web www.dogrisaovioleta.gal Os retos para os vindeiros anos pasan por fortalecer estas liñas de traballo, ampliándoas tanto no ámbito cronolóxico como no xeográfico (potenciando o estudo e divulgación da historia das parroquias). E cómpre tamén seguir avanzando na reconstrución da historia e do mapa simbólico da cidade desde a imprescindíbel perspectiva de xénero, co desenvolvemento do programa A memoria das mulleres. Liñas de actuación: - Potenciar o papel de Pontevedra como cidade referente das políticas de memoria histórica combinando a perspectiva nacional, de xénero e de clase, artellando programacións estábeis. -Continuar co proceso de resignificación dos espazos públicos mediante novas denominacións, murais, escultura pública, sinaléctica e roteiros que poñan en valor un mapa simbólico feminista, con perspectiva de clase, pontevedrés e galego. - Avanzar no proceso de participación social nos labores de estudo, recuperación e homenaxe contando coa colaboración do tecido asociativo

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=